|
A partir dos sete anos cambiaron de escola e a sua
profesora pasou a ser señorita Pilar que daba clase frente a casa de don
Amerito outro médico de Fisterra. Alí enseñábanas a dibuxar, facian
matemáticas, aprendían a redactar e outras moitas cousas. No recreo estaban
polo cabo da vila ata que a maestra os chamaba para seguir dando clase, durante
o recreo xogaban a cuerda, ao escondite e a colondra (xogo que tamén se parecía
o escondite). O xoves na escola tiñan una actividade especial, cosían xa que
naquela época na escola tamén lle enseñaban cousas para a vida cotidiana.
A sua casa era de una planta e abaixo había una corte
na que había porcos, galiñas, conexos e una cabra que atoparon no faro. Había
luz pero non auga corrente entón ian a fonte para traer bañeiras de auga para
poder encher o depósito da cociña económica para poder bañarse.
Seu pai era mariñeiro e dous dos seus irmáns tamén que
comenzaron a ir o mar con 14 anos, ao rematar a escola. Tiñan una lancha que se
chamaba Beluca e dedicábanse a pescar sardiña, pero anos despois compraron uns
tramallos e unas betas e dedicábanse a pescar centola, lenguado rodaballo… e
nas betas era habitual que trouxeran xurelos. Tamén tiñan un bote que se
chamaba Sol que era do seu avó, que actualmente esta exposto no Castelo de Xoan
Carlos.
A sua nai dedicábase a vender o peixe que traía o seu
pai do mar, ao principio vendíao en Fisterra pero despois acabou por ir a
véndelo a Cee. Tamén tiña uns terreos e alí cultivaba patacas, millo,
garabanzos… pero eso non o vendía xa que era o que utilizábamos para comer. A
sua nai tamén tiña que ir a lavar a roupa a Cabanas e ia alí as duas da mañán.
Eran 7 irmáns, o seu irmán maior naceu mentres o seu
pai se atopaba na guerra xa que tibo que entrar na guerra con tan so 19 anos.
Xa de volta da guerra foi cando os seus país poideronse casar, tres anos
despois xa que fora o tempo que el permanecerá na guerra. Cando rematou a
guerra civil e pouco tempo despois de casar seu pai tivo que ir a desfilar a
Roma xa que o facian todos os que salían vivos dela so que uns o fixeron en
Madrid e outros en Roma.
Miña avoa naceu xusto na postguerra e xa que eran
tempos de fame en España estaba a comida racionada e había que ir a buscala con
una libreta e asi dábanche pan, tabaco e uns poucos alimentos. A roupa facíalla
sua nai xa que tiña unha maquina de coser que xa era propiedade da sua bisavoa
e era unha máquina Singer. Tiña dous
vestidos para a semana e un que so utulizaba os domingos.Zapatos so tiñan dous
uns para os domingos e unhas botas para ir o colexio.
Moita xente da sua familia ao remate da guerra emigrou
para Arxentina por iso en Fisterra había un pau que se chamaba o pau do Marconio
donde se poñian os telegramas para a Arxentina para poder comunicarse cos
familiares que estaban ali emigrando.
O seu abuelo vivía en san Roque e xa que durante a
guerra producíanse numerosos conflictos o seu avó casi foi asesinado polos
rojos pero el agochouse no sótano. Quixétono matar porque era moi católico
entón os de esquerdas foron a por el. Escondise no sótano pero solo estivo
agochado durante unha noite. Pero había xente que permanecia escondida nos
montes durante moito tempo e as suas mulleres levábanlle de comer de noite.
Tamén había moitos homes que se autolesionaban para
así non ir a guerra pero o seu pai non o fixo e si que foi. Alí déronlle un
tiro na rodilla nas trincheras de Teruel mentras intentaba coller unha mazá.
Tivo que ser transladado ao hospital e ao rematar a guerra a todos os mutilados
de guerra pagábanlle pero el xa que non se acordaba do nome do hospital no que
estivo non lle pagaron.
Anos despois o seu irmán maior entro una marina
española e destinárono para o canarias que era uns dos barcos máis grande da
flota. Ocupouse da cociña xa que sabia cociñar moi ben e levava un ano de
marina cando se producio a guerra do desierto de Sahara xa que antes era
propiedade española. Nesa guerra foi na que o entregaron e así rematou a marina
e poido volver a casa.
Nesta época xa non había tanta pobreza e en Fisterra
comezáronse a facer festas ir o cine e moitas outras actividades. As festas
facíanse na casa de lavanca vella que está frente a Noelia e estas festas
chamábanselles baile. Alí había unha vitrola de discos e reuníanse todos os
mozos de arredor de 15 ou 20 anos. Pero como non había carnet de identidade
dicíaslle máis anos dos que tiñas para poder pasar pero si non che creía
metíache para fora. Alí non se bebia xa que non tiñan os cartos suficientes,
durante toda a semana intentaban reunir os 5 pesos que ern xustamente os que
precisaban para poder pagar a entrada do baile, facian un descanso as 11 da
noite e era esa a hora na que se volvia para casa inda que xa tiñan 20 anos e o
remate do baile como xa non tiñan cartos ian a beber a fonte da plaza.
Antes en Fisterra non había muelle pero si unha fragua
en frente do castillo de san Carlos . Cando comenzaron a construilo utilizaban
cabalos que poñian por unhas vías e axudábanse de eles para transportar as
pedras que precisaban para a sua construcción. Pero as veces os cabalos
escapaban e os rapaces asustabanse deles.
A Semana Santa en Fisterra é moi importante pero
antiguamente tamén o era. Ibase vestido de negro tanto as madalenas como a
xente, e ai detrás do sepulcro as cantoras descalzas, cantando o Miserere e
toda a xente que ai a procesión levaba unha vela n man.
A procesión ai polo campo non pola carretera xeneral.
O día de Sabado Santo había unha procesión, salía a
Nosa Señora das Dolores e chamábanlle a procesión da soidade, xa que era ela
soa a que saia e ao volver da procesión realizabase unha bendición na porta da
Igrexia.
En Domingo de resurrección as madalenas ain tamén de
negro e ia a virxe da resurrección, dous xudeos e o anxo. Pero xa dende eses
anos se facia donde se continua facendo actualmente so que antes alí había un
muro onde se colocaba o anxo.
Referindonos ao tema da semana santa hai unha anécdota
que sucedeu en Fisterra xa ai anos. A historia fui que un día de pascua na
festa que se realizaba na plaza houbo un apagón de luz que durou toda a noite e
isto impediu que houbese festa e estaba como alcande de Fisterra Don Xoan
Castro. A xente alporizada polo sucedido foi a sua casa a avisalo do que pasaba
pero el negouse a ir. A xente descontenta quería ir a prenderlle lume a sua
casa pero finalmente non o fixeron.
Hai unha parte na historia de Fisterra moi importante
e é cando afundiu un barco que lle chamaban Casón. Este barco ia cargado de
combustible e naufragou no noso cabo. Debido a gran contaminación que xerou e
os perigos que podianse producir polos gases que desprendia tivose que evacuar
Fisterra. Cada familia foi para donde pudo pero a miña avoa foi para Muros, e
alí recolleronna nunha casa particular a cal che mandaba o ayuntamiento.
Estiveron 5 días hasta que se calmou un pouco a situación e poideron volver as
sua casa. Pasou moito medo porque o mar estaba totalmente iluminado cas
explosións que eran producidas polo barco.
Antigamente había un sacerdote en Fisterra que se
chamaba Don Juan Bueno Bueno e el daba de comer a todos os pobres do pobo e ia
o mar con eles a pescar, e un día de Xoves Santo non había apostolos para poder
reprensentar a santa cea e el foi o muelle e colliu doce mariñeiros que viñan
do mar vestidos con roupas de auga e botas de goma e levounos para a Igrexia
púxoos de apósteles e así conseguiu levar a cabo a representación e foi un dos
Xoves Santos máis boitos que houbo en Fisterra.
Don Juan tiña unha irmán que se chamaba Señorita
Antolina, e durante toda a noite do
Sábado Santo dedicábase a facer rosquillas para así o Domingo de resurrección
na Igrexia poderllas repartir a todos os nenos de Fisterra que asistían a
eucaristía.
Antes os nenos facían a primeira comunión tan so con
sete anos e confirmábaste os nove, viña o arzobispo de Santiago a presidir a
celebración. Para prepararse para poder facela solo era necesario ir o
catecismo todos os domingos. Había dous padrinos na confirmación para todos os
que ian ser confirmados, non levaba cada un os seus como se fai actualmente. E
os padriños eran a profesora Señorita Pilar e o alcalde de Fisterra neses anos
que era Don Alfonso. Que a parte de ser alcalde tamén era un dos mestres que
había e era fillo do boticario da vila.
Antes no pobo había moitos pobres pero había dous
irmáns que vivían no campo que lle daba posada os pobres que chegaban o pobo e
chamábase a casa do Colorado. Poñíaos a dormir na sala, que era o mellor sitio
da casa pero si xa estaba todo mui cheo a algún poñíaos na cociña polo calor
que lle proporcionaba ou si non había máis sitio pois na cote.
Ao lado da pousada había un sastre, que lle faltaba
unha perna, que facía traxes para as bodas xa que antes non había roupa das
tendas si non que cada un facía a sua propia roupa ou encargábaa para que a
fixera un sastre. Igual pasaba cos zapatos xa que os zapateiros pasaban as
noites facendo zapatos para vendelos. O habitual era ter dous pares de zapatos.
Algunhas mulleres dedicábanse a ir nos botes ao mar, e
tamén ian a buscar a leña a Sardiñeiro pero facíano a través dos botes, así era
máis doado transportar o que recollian, pero moitas veces cos golpes de mar
podía facer caer toda a leña e casi morren afogados os dous irmán que ian no
bote.
Antes as lanchas non tiñan motores entón todos os
mariñeiros ian a remos pero en ocasións tamén podían ir a vela.
Tamén había moitas mulleres que se dedicaban a
arranxar as redes rotas que traían os seus maridos do mar, esa profesión chamase
redeiras pero na actualidades xa non quedan moitas.
Un mariñeiro de Fisterra naufragou tres veces, duas
delas en Fisterra e outra nun barco de fora. O home caéronlle os remos do bote
debido a un golpe de mar e estivo a deriva durante dous días e duas noites, e
non tiña nada para dar señais de socorro. Por sorte pasou un helicóptero e
douse conta de que había un bote enton foi a salvalo. Cando o rescatou o home
estaba casi conxelado e esta mal xa que levaba tempo sen comer nin beber pero
finalmente conseguiu salvarse. El sempre conta que se salvou grazas o santo
Cristo, xa que el rezoulle para que o salvaran. Este home hoxe en dia sigue
vivo.
Había outras mulleres que se dedicaban a levar
sardiñas para facer o troco con elas, cambiaban as sardiñas e traían millo,
garabanzos ou patacas. Solian facer o troco en sardiñeiro.
Como podemos ver Fisterra é un pobo con moitas
historias e que cambiou moito hasta a actualidade, tanto o pobo como a forma de
vida que había nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario