Cando
Teodoro Fernández iba casar con Concepción Insua, este tivo que ir andando ata
un pobo das Rías Baixas onde a súa futura muller mantiña parentesco cunha
señora que deixaba como dote 14 moedas de ouro(maravedís ou onzas) as doncelas
pobres da familia. Chegou alí un xoves santo, despois dun día e medio de
traxecto, e preguntou polo sacerdote do lugar o cal debía entregarlle as
moedas. O cura ademais de entregarlle as mesmas tamén lle invitou a súa casa a
cear e a pasala noite pois xa era moi tarde, e cal foi a gran sorpresa que
levou Teodoro? Que na mesma casa do cura servíanlle carne un día de vixilia.
Coma el se negaba a comer o párroco prenguntoulle que por que non comía, entón
el lle respondiu con sinceridade que cómo ía a comer carne un día de xoves
santo, un día de vixilia! O sacerdote riu e díxolle que para camiñantes e
mariñeiros non existen as vixilias. Despois de cear abundantemente e pasar a
noite na casa daquel bo cura regresou a casa coa dote da súa muller.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-O entruido Fisterrán
Antigamente
cando eran as festas do carnaval, que en Fisterra son tan apreciadas, os rapaces
petaban nas portas da xente pola noite e cando lles preguntaban que quen eran,
eles respondían «O entruido» e escapaban correndo, que era o que se lle chamaba
«Pegar o entruido».
Cando
Pepe Traba era un rapaz de 12 ou 13 anos foi cos seus amigos(Manolo de
Adamina(apodado nene), Manolo Pato Parrulo e Paco de Plácida da Trucha) polas
rúas da vila na noite para «pegar o entruido». Chegaron a unha casa e
comenzaron a petar na porta, pero ninguén contestaba, Pepe e os seus amigos
seguiron insistentes petando naquela porta ata que un home respondiu «Quen é?»
e gritaronlle os rapaces «O entruido!» e escaparon correndo, todos menos Pepe
Traba que quedou na porta de aquel home, que abriu a porta e ao encontrarse co
rapaz preguntoulle muy enfadado «Que fas aquí?» e el contestoulle «Nada..Esque
le veníamos a pegar el entruido..» e con esta misma levou unha labazada de
aquel home que resultou ser o conductor de autobús do momento e que se
levantaba moi pronto cada día.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-Un enamorado sen dentes
Antes
moitas nenas aprendían a coser na casa dunha costureira que lles ensinaba o
oficio. Esmeralda Fernández aprendía a coser na casa dunha costureira que daba
a plaia da Calafigueira que abarcaba todo o que hoxe é o muelle de Fisterra.
José Velay, que pretendía a esa moza, traballaba como aprendiz de panadeiro coa
familia de Belarmino que tiña unha panadería e que posuía ademais un cabalo.
Como el sabía que a moza estabao a mirar montouse no cabalo e galopou por toda
a plaia e intentou meterse na cuadra a toda velociadade, algo que non foi capaz
de facer, xa que ao pasar por a porta levou coa
boca no marco e acabou rompendo toda a dentadura, que puxo máis tarde en
Arxentina a donde fui emigrado algún tempo.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-Fantasma español en terras
Arxentinas
Hermosinda
do Roble, casada cun mariñeiro fisterrán, estaba emigrada na Arxentina xunto co
seu marido. Ao ter un marido navegante se pasaba a maior parte das noites sola
na súa casa. Pero ela non tiña ningún tipo de problema xa que ao lado da súa
casa vivían uns amables italianos cos que mantiña unha gran amizade. Pero unha
noite despertouse sobresaltada e pudo observar,a través do espello do seu
armario situado xusto enfrente da súa cama, a un home alto, cun traxe negro e
cun paño blanco atado na cabeza, o cal lle dixo «Ai Hermosinda do Roble que tan
ben estás e que tan mal te vas a poñer…» creiu que era seu pai que morrera en
España e co gran susto berrou moitísimo, tanto que chegou a despertar aos
veciños italianos que acudiron a súa casa a ver que pasaba. Hermosinda
desvaneciuse e cando volviu en si contoulle o ocurrido aos seus veciños, que
intentaban tranquilizala. Durante meses Hermosinda estivo moi enferma e por
moito que acudía aos médicos non lle atinaban co que tiña. Por eso un día a súa
amiga italiana cansada de vela decaída, enferma e triste recomendoulle ir a un
curandeiro que parecía ser que sempre atinaba en todo. Hermosinda aceptou e
foron xuntas a súa consulta. Cando chegaron a sala de espera estaba chea de
xente, pero foron as primeiras en pasar. O curandeiro preguntoulle o seu mal e
ela contoulle todo o ocurrido. Entón este díxolle que non fora o seu pai quen
morrera en España senón seu tío que morreu nun mércores santo e que estivo
esperando nas portas do ceo ata sábado de gloria, e que o seu gran mal era que
estaba esperando un fillo e co gran susto que levou aquela noite e co grito que
dou saiuselle o ril do sitio. Efectivamente, volviu ao médico e afirmaron que
estaba embarazada e cun ril descolocado. Máis tarde chegoulle unha carta da súa
familia en España comunicándolle a morte dun queridísimo tío para ela, que
falecera nun mércores santo.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-O piollo verde
Nunha época de
moita pobreza chegou a Fisterra unha epidemia do Tifus Exantemático coñecido vulgarmente
como piollo verde, xa que esta enfermidades traspasábase por ditos animais.
Viñeron ao pobo un grupo de médicos para intentar cortar esta epidemia e
fixeron un centro de saúde por onde a xente iba pasando para inspeccionarse.
Todas as persoas tiñan que pasar por consulta e alí debían quitarse a roupa
e os sanitarios miraban o seu estado de saúde, se non tiña nada, dábanlle un
certificado no que poñía: Está limpo pode circular; se atopábanlle algo, non
podía salir dos límites de Fisterra hasta que estivera completamente limpo. Un
de eses días nos que toda a vila presentábase no centro de saúde foron catro pequenos
nenos (Esmeralda, Pepe, Carmucha y Conchita Velay Fernández, todos irmáns.)
limpísimos, cuns traxes de lienzo bordados e coas enaguas moi pero que moi blancas
cunha preciosa puntilla arredor de si. Os médicos despois de eses días
observando tanta pobreza quedaron abraiados coa limpeza de eses rapaces polo
que preguntaron de quen eran fillos eses rapaces. A sorpresa que levaron os
sanitarios foi que desde o seu lado contestou orgulloso o alcade(José Velay)
que aqueles rapaces eran seus fillos. O curioso foi que a ningún o miraron, grazas a súa limpeza e
imediatamente déronlle o certificado: Está limpio pode circular.
Fontes:
Esmeralda Traba Velay
-A escola en Fisterra.
Fisterra era un
pobo no que tan so había pequenas escolas nas que se aprendía a leer, escribeir
sumar e restar. Por iso, as autoridades daquel momento, no ano 1945, (médicos,
cura, torreiros, profesores, alcalde…) decidiron facer unhas aulas no concello e
así ofrecerlle aos rapaces que o quixeran unha oportunidade para poder seguir
estudadno e sacar así o bacharelato. Estas autoridades que se convertirían nos
mestres de eses rapaces facíano gratuitamente, xa que a xente non dispoñia de
bens económicos naquel tempo, e os rapaces
seguirían o seu camiño académico coa súa axuda. A ese proxecto chamouse o
patronato e apuntouse moita xente fisterrana. De toda esa xente, foi pouquiña a
que seguiu estudando xa que debían aprobar un exame de ingreso no Instituto
Eusebio da Guarda da Coruña ou na Escola de Comercio, onde despois de estudar por
libre cos profesores ían a examinarse de todas as materias. Os viaxes para
examinarse na cidade eran largos e debían quedarse en pensións a pasar algunha
noite. Pronto esta gran obra que xurdiu acabouse por completo, xa que os
mestres que daban clase non podían permitirse achegarse todos los días á vila sen
cobrar nada. Ao deixar de existir este proxecto os nenos que querían seguir
estudando iban a clases particulares ou ben co torreiro do faro e iban andando
hasta alí para recibir as clases, ou ben co médico Don Francisco Esmorís que
vivia na calle Patris, nunha gran casa. Algúns acabaron os seus estudos e
fixeron unha carreira coma maxisterio ou comercio.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-Morte no Rin
Galicia e
sobretodo Fisterra foi terra de emigrar, moita xente marchaba á Arxentina,
Suiza, Alemania... Este último foi o caso de Ramón Lago Nemiña emigrado en
Alemania durante moitos anos. Disque nunca eras de ningún lado, porque cando
estabas en Alemania eras español e cando estabas España eras alemán. Con todo
iso nunca eras tratado como un ciudadano alemán en Alemania, senón coma un
inmigrante. Por iso, nun día libre que lles permitira o seu traballo foron
varios amigos e coñecidos galegos a pescar nun famoso río alemán, o Rin.
Estiveron alí algunhas horas sen pescar gran cousa, botando de menos as augas
galegas. Pero nesto, a un picoulle algo, pero pesaba demasiado, tanto que
chegaron a pensar que era un tiburón, ata que entre todos o sacaron a
superficie...Non era un tiburón, nin moito menos un peixe, aquilo que acababan
de pescar era nin máis nin menos que un cadáver. Algúns querían dar parte,
outros non, pero ao final decidiron rematar a súa tarde de pesca e regresar as
casas ou as pensións onde estaban hospedados e non dicirlle nunca nada a
ninguén do que acababan de ver.
Fontes:
Ramón Lago Nemiña
II Guerra Mundial
Sobre o verán
do ano 1941, aproximadamente, durante a II Guerra Mundial estaban moitos nenos na
praia da Ribeira cando un avión sobrevolou en chamas toda a praia, perseguido
por outro hacia a Langosteira. O primeiro avión era alemán e ao ser atacado
polo americano que lle seguía caiu ao fondo do mar. Todos os nenos quedaron
abraiados e os homes e mulleres que estaban alí evacuaron rapidamente a toda a
praia, todos os nenos foron as súas casas cheos de medo. Entre eses nenos estaban
Carmucha, Conchita, Pepe e Esmeralda Velay que cando chegaron a casa seu pai,
ao ser alcalde, iba ao lugar onde caera o avión e prohibiulles sair por
calquera motivo e encerrounos na casa. Poco tempo despois o cura Don José Otero
achegouse a súa casa para saber que era o que pasaba e encontrouse aos rapaces
solos, preguntoulles onde ía seu pai e díxolles se o acompañaban. Os nenos tiñan
curiosidade e aínda que estaban advertidos de que non saliran da casa aceptaron
a proposición do cura. Foron todos nun barco dende a Ribeira ata a Langosteira onde
moita xente fora a ver o que pasaba, mais tiveron que dar volta xa que a xente tiña
medo que explosionara e non deixaban acercarse a ninguén. A pesar de que foi unha
gran traxedia 2 ou 3 persoas poidéronse salvar e as que non tiveron a mesma sorte
estan enterradas no noso cemiterio.
Fontes:
Esmeralda Velay Fernández
-Guerra Civil Española
Durante a
guerra civil española Ramón Lago Sixto foi cociñeiro dun pelotón. Un día na pequena
cociña
uns soldados tiveron a idea de facer café e da
cociña empezou a salir moito fume. Ao velo Ramón achegouse a cociña e
berroulles que apagaran o lume, xa que estaban lanzando cañonazos e o fume víase a moita distancia. Os soldados riéronse e
dixeron que era un medoso e seguiron facendo o seu café. Ramón saiu da caseta e
nada máis salir, despois de camiñar 100 metros máis ou menos caiu sobre a
cociña un cañón do bando republicano deixando sen supervivientes a caseta.
Fontes:
Ramón Lago Nemiña
José Nemiña foi
un soldado da guerra tanto de Cuba (durante 3 meses) coma de Filipinas
(1888-1902). Naqueles tempos, so tiñan ballestas coma arma e matábanse para
defender a súa propia vida. Cando José volviu a España, estaba moi impactado
por todo o ocurrido e cando a xente lle preguntaba cousas sobre a guerra el tan
só respondía que si a xente soupera todo o que pasaba alí non preguntarían
tanto, estabanse matando entre irmáns.
Fontes:
Ramón Lago Nemiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario