CELIA RIVAS CASAIS
Celia
é un exemplo a seguir: é unha muller forte e aplicada,traballadora, que non
dudou en sacar a diante a súa familia cando fixo falla. Ela nunca entendeu
porque o destiño fíxoa muller xa que ela nunca se interesou polas tarefas delas
senón que sempre polo oficio do seu pai. Mentres que as suas irmás xogaban as
monecas ou a disfrazarse con roupa da súa nai, a ela só lle interesaba escoitar
ó seu pai e axudalo na ferretería que el tiña; ademais de facerlle roupa o
pobre do seu can para emprender moitas das súas aventuras imaxinarias.
A
primeira vez que o seu pai levouna a A Coruña ela sentíase a rapaza máis
importante do universo. Non cría o que estaba a suceder e a súa mente non podía
recopilar e asimilar todo o acontecido. Ela era moi pequena e non entendía a
metade das cousas que a súa irmán María íalle contando mentres paseában pola
cidade. Cando regresaron a Fisterra mamá Celia non fixo máis que pregoalo os
catro ventos.Na súa mente sempre quedou moi presente esta viaxe e non dudou en
facer o imposible para poder viaxar cara
ela todos os días.
Esta
oportunidade chegoulle moitos anos máis tarde. O seu pai fabricara un camión no
seu taller a partir dun vello turismo que herdara do seu pai. El queria que asu
súas fillas puidesen sair adiante cando el morrera e que non dependeran de
ninguen nunca. Ocurríuselle a idea de que as súas nenas se dedicasen ó traballo
de trasnportes e como non, vivindo en Fisterra, o transporte do peixe. Joaquín
pediulle a súa filla María que sacase o carnet de conducir pero ela negouse
rotudamente por medo o que podían dicir.Este era o momento de mamá Celia:
podería facer que o seu pai se sentíse orgulloso dela, poderia viaxar a Coruña
cantas veces quixera, podería coñecer mundo… E así o fixo, Celia Rivas Casais
foi a primeira muller española en sacar o canet de camión.
Celia sempre contaba a impresión que causaba na xente
cando a vian chegar.Tanto homes coma mulleres a imaxinaban bruta, forte, alta e cun pouco de bigote, é
dicir ,un “marimacho”. Cando se encontraban con ela todos quedaban abraiados:
en realidade era unha muller baixiña, un poco gordiña e sempre moi arregrada.
Os homes eran os que sentían maís admiración por ela: ao
principio cotabánse un pouco pero pouco a pouco ián amigando con ela e
termiñaron por tela como exemplo a seguir. Coas mulleres era todo o contrario:
cando chegaba tamén abaraiabanse ao vela pero pouco a pouco, ou pola envexa ou
por ser quen era, terminaban odiándoa.
Celia ao marchar dun sitio sempre lle gustaba ir amodiño
e coas fiestras baixas para escoitar os chismes producidos. As mulleres
criticabana alegando que eso era traballo de homes e que se todas as mulleres
eran como ela, os homes íanse quedar sen traballo e ían a perder toda a sua
masculinidade. “ As mulleres estamos feitas para traballar na casa e coidar os
nenos, non para ir conducindo un camión como se fóramos homes” era a frase que
poñía dos nervios a Celia xa que ela
cría que si as mulleres poñíanse a traballar coma os homes, non ía a haber
ningén superior a elas.
Cos homes sucedía todo o contario: eles crían que era a
muller perfecta e que ningún home neste mundo sería capaz de facer o que fixo
ela se fose unha muller. Celia sentíase moi orgullosa de escutar isto e facía
que continuase sendo tal e como era : “ Celia, non cambies!”
O OMNIBÚS ROSA E VERDE
O
traballo familiar estaba mellor que nunca e podianse permitir todos os camión
que quixeran. Pero estes bos momentos foron rematando.A Gerra Cívil estalara
e,aínda sendo un pobo afastado e pequeño, tamén chegou a Fisterra. Toda as
persoas que tiveran un vehículo, fora cal fora, deberían entregalo as
autoridades para que soldadpos e persoas forar tranportados cara o frente.
Naquela época a familia Rivas comprara un omnibus de 50 prazas pintado de rosa
e verde.En xuño de 1936 as autoridades chegaron a Fisterra e foron recollendo
todos os vehículos que había na vila. O omnibus non foi requisado hata moitas
semanas mais tarde xa que os contactos das irmáns íanlles dicindo os días nos
que se ía a poducir o requisamento. Pero houbo un día no que nada puideron
facer para que o seu omnibus non fose requisado. Mamá Celia nin morta daría o
seu vehículo a ninguén e como non lle quedaba outra decidíu marchar ela para o
frente,pero eso si, sempre co seu omnibus.
Toda a
súa familia quería convencela de que o que ía a facer era unha locura pero ela
seguíu adiante. A súa marcha uníuselle a súa irmá María que, dende pequenas,
sempre foron xuntas a todos os sitios ; ademais dun traballador delas,Isidoro,
que sempre estivo para todo. Chegou o día de marchar e xa o tiñan todo listo.
Despois dun duro viaxe chegaron a Coruña onde o camión tiña que ser examinado
para decidir o seu destino. Cando chegou a hora de facelo o xeral abraiouse ao
saber que unha muller ía a conducir un camión da gerra. Finalmete o omnibús foi
destinado a Mérida onde ía a recoller
africanos que máis tarde uniriánse a fronte. Celia conseguíu que Maía salíse do
coche e encato ela se despistou, deixóuna en terra e arrancou. María non podia
asimilar todo o que estaba a suceder e queixo facer o posible para que tanto a
súa irmá e o seu coche regresaran a Fisterra. Chegou a oficiña onde se
rexistraban todas as persoas destinadas a fronte e conseguíu falar con unha
secretaria que a axudpou ebn todo.María debía falar co xeral De Ramón que era o que decidia que
camión partía e cal non. Despois dunha longa camiñata, María conseguíu
encontralo e chegou a porse de rodillas díante de De Ramón para que trouxera de
volta o omnibus e a súa irmá. O seu esforzo valiu a pena e consegui o permiso
de regreso. Cansouse de buscar a súa irmá pero non tiña resultado. Cansa xa de
todo o ocurrido foise para o hotel onde dende lonxe logrou ver o coche verde e
rosa que tanto odíaba e a sua irmá. As duas correron a abrazarse e choraron
moitisimo. “ Xa podemos volver a casa!” foi a única frase que consegui
despertar sentimentos en Celia.
Este
non foi o único problema que o omnibús causou a miña familia. Mese mais tarde
María tivo un noivo pero este tivpo que marchar a gerra. A parella comunicábase
por carta e unha delas causoulle un gran problema a María. Nela María
contaballe a o seu mozo que tiñan o vehículo gardado no garaxe xa que estaba
roto, debido a unha requisa que terminou nun accidente, e así evitaban que llo
quitasen. Pero alguén leíu esa carta e dun día para poutro chegaron uns
militares a súa casa querendo requisar o seu camión. E así foi, pero este non
foi o único problema que causaron senón que tamén chamaron a María para que
fose declarar as oficinas do exercito. María moi asustada foi declarar pero
grazas a Deus coñecía un xeral que fora con ela nunha das viaxes do omnibúes e
axudóuna para que non fora encarcelada. Despois deste suto , non tardou nin
unha hora en chegar outro. O alcalde Fernández traballaba nunha radio que
estaba situada preto do daro de Fisterra. Un día chegaron uns soldados e
obrigaro a el e a os seus traballadores a ir traballar na radio militar. A sua
muller estaba hospedada no mesmo hotel ca o de María e o mesmo día no que
sucederan as declaracións, uns soldados baixaron do camión e levaron consigo a
Fernández deixando as duas mortas de medo. O seguinte día María marchou dar un
paseo e se encontrou con un falanxista que lle comunicou que el mesmo fusilara
o alcalde na Costra do Sal: “Dille a a señora que lle vaía facendo o funeral ao
seu marido, hoxe matámolo na Costa do Sal. Ah! E dille que non revolva máis ou
acabaremos por matala.”
María quedou sorprendida destas palabras e non daba crédito a que un
home se sentise orgulloso de haber matado a outro. Ela comunicoullo a muller do
alcalde e nese mismo intre entaron uns policias na súa habitacíon e prendérona
. María contoulles todo o que sabía e consegíu ser liberada pero non podería
contarlle isto a ningúen .
DOLORES TRILLO RIVAS E AGUSTÍN DIAZ RIVAS
Miña avóa paterrna casouse moi nova con Agustín Díaz
Rivas. Ela era tamén “lavanca” pero non das de Mallas senón das de a Insua. Meu
avó era fillo de Julia Rivas Casais, irmán de Celia. Os dous mozos eran primos
segundos pero isto no foi un empedimento
Sempre que von a
casa da miña avóa, contame historias da súa mocidade e a grazas a elas xa
encontrei de quen ven o meu carácter. Desde moi pequena miña avóa enamoruse do
meu avó pero o ser tan guapa e o feito de ter cartos, supuxolle un problema.
Case todos os mozos ricos da vila quería estar con ela pero o seu corazón xa
tiña dono e non iba a cambiar de opinión. Ela comezou a súa escolarización con
cinco anos, sendo unha das poucas mulleres do colexio. Nunca gustoulle ir xa
que ó ser a máis pequena ía moi atrasada e sentíase unha burricalla. Unha das
súas escusas para non ir era o alcume “Ojos de San Juan” xa que tiña uns ollos
enormes. A súa cansa da súa escusa levouna a igrexa para que vira o noso santo.
Cando o víu pareceulle precioso e nunca máis enfadouse polo seu alcume.
A RADIO
O que máis lle gustaba facer de pequena era sentarse ó
lado da lareira nun banco enorme os días de frío. Eses días toda a aldea
reuníase na casa da súa avoa para escoitar o programa de radio “Fiesta en el
aire” e enterarse de todas as notocias. Unha das anécdotas que sempre me conta
e qe unha vez, mentras escoitaban a radio, o seu avó sacou uns bolos de pan
para todos e deixounos na mesa.Cando xa comeran todos o seu bolo, levou os
sobrantes para a cociña e súa muller rifouno xa que según ela : “ Ti
que pensas que os pobres homes que falan e que estan metidos aí dentro para
facervos pasar o tempo non teñen fame? Levalles un bolo a cada un e non sexas
maleducado”. Pero meu bisavó respondiulle com un : “Miña muller non sexas parva
que eso todo ven por ondas!”.Miña avoa inda hoxe non sabe si o que o seu avó
dixo era por coñecemento ou por falar e contoume que sorprendiuse máis por a
frase das ondas que pola que os pobres homes estaban dentro da radio.
MACETA VAI!
Miña avóa era guapa e tiña moitos
pretendientes. Ela era unha moza com un forte carácter e non se che ocurrira
levarlle a contraria. Na Insua había un rapaz moi baixiño e com voz de nena,
Ramón, que estaba namorado dela. Todos os días na escola el leváballe flores e
mandaballe notiñas de amor mentras facían as tarefas. Un domingo, miña avóa
estaba durmindo a siesta cando de repente despertouse xa que lle estaban
tirando pedras ó cristal. Ela, moi enfadada, saíu ventá e encontrouse a Ramón coas pedriñas na
man.O rapaz fixera eso porque quería pedirlle que fora a súa moza pero a miña
avóa xa tiña o corazón ocupado polo meu avó asi que decidiu lanzarlle unha
maceta a cabeza o pobre rapaz. Ela terminou a conversa cun :” Ala vai que xa
vas quente! E non se che ocurra volver nunca máis!” O pobe Ramón tivo que levar
cinco puntos na cabeza.
O CABALO DE REIS
Era día de reis e a casa estaba chea de
regalos. A miña avóa regalaranlle unha bonéca e ó seu irmán un cabalo de cartón
pero tiña que compartilo co seu tio, que apenas lle levaba tres anos.
Ass pelexas polo cabalo eran constantes e o
meu tio avó ocurriuselle a brillante idea de abrirlle a barriga ó cabalo xa que
como os de verdade, levaría dentro outro e así terían os dous un cabalo
próprio. O seu tío que tiña menos sentido que el, acepou e abrironlle o ventre
ó pobre xoguete. Cando se deron conta de que non había nada e do que acabaran
de facer, marcharon fuxidos a esconderse pero non lles serviu de nada porque
levaron unha rifadura das grandes!
CALLE REAL
Miña avóa desde pequena decíama que ela era
unha raíña xa que vivía na calle Real. Falando com ela acordeime do que sempre
me contaba de pequeniña e acordouse da seguinte historia: Cando un mercante ou
un barco chegaba a porto os mariñeiros baixaban e as mozas, todas maquilladas e
com zapatos altos, ían pasear para chamar a atención dos mozos. Sempre facíanse
amigos deles e moitas acabáronse namorando. Todos ían de paseo pola praza e
pola Calle Real como eles lle chamaban xa que era a calle dos paseos e dos
ricos. Por isto, aínda ahora, coñecese a esta calle como a Calle Real.
O AMOR
NAQUELA ÉPOCA
O
concepto actual da palabra “noivos” era moi distinta da época da miña
avóa. Cando un mozo e unha moza sentíanse atraídos o un polo outro, ían
arrimandouse pouco a pouco: primero quedaban como amigos, íanse a buscar para quedar cos demáis
amigos... Podían chegar a tardar anos para que estiveran xuntos e moitos anos
máis para darse un bico na meixela. Miña avóa contoume que ela estivo namorada
do meu avó desde os dez anos e que ela xa sabía que a el lle gustaba.
Comenzaron a sair xuntos aos quince e foi os dezasete anos cando meu avó
atreviuse a bicarlle a meixela. Como di ela, era un simple bico que agora se
lle da a calquera pero para nos eso significaba moitisimo. Cando recibiu o bico
puxose a temblar xa que eso significaba que o meu avó estaba namorado de ela.
Ademáis, os días que os mozos visitaban as mozas eran só os sábados e os xoves
e aínda así quedaban a escondidas.
ESCAPADAS AMOROSAS
Meu avó aínda que tivo todas as posivilidades
para poder estudar, non aproveitou ningunha. Aos quince anos entroun no colexio
La Salle, sendo un dos primeiros alumnos.Neste colexio superou dous cursos pero
como non facía nada, decidíron cambialo para Peleteiro. Xunto o ano do cambio
comezara a sair coa miña avóa e non podía aguantar tantos meses sin vela asique
cando podía, escapaba do colexio e
marchaba para Fisterra para poder vela. Isto causou grandes pobremas na
familia xa que eran primos segundos e por culpa das súas escapadas, estiveron
un ano enteiro sin verse.
Mentas falaba coa miña avóa, a ela só lle viñan a cabeza
historias de mortos e de santos asi que vou comexar com elas:
VIRXE DE FÁTIMA
Como xa comentei
avóa foi a escola. A profesora ó ver que as rapazas tiñan un gran
potencial, decidiu que as nenas representaran obras de teatro en verso. As
primeiras foron sobre historias da vida dos santos pero a obra que lles deu
fama foi “La hija pródiga” . A súa representación fixo que as rapazas
recaudaran moitisimos cartos e foron utilizados para comprar a Virxe de Fátima
da nosa igrexa xa que hata esa época, Fisterra non tiña esa imaxe.
AXELIÑOS
Cando na vila morría un bebé, os pais
chamában a nenas que vixeran a Comuníón de branco para que o día do enterro
foras vestidas para que levaran a caixiña do neno. Avóa sempre se acorda de que
ela levou dous rapaciños, un neno e unha nena. Ían nunha caixa branca e
levábana entre catro mozas; mentres que a levaban para a igrexa, acordáse que a
nai sempre gritaba: “Meus Deus levasteste meu anxeliño” e que cando preguntabas
quen morrera e era un rapaciño repondianche: “Foisenos un axeliño!”
A CAMPANIÑA
Cando no pobo había un enfermo moi grave, a
familia chamaba ó cura para que fora darlle a extremaunción. O cura saía da súa
casa e ía tocando unha campaniña hata chegar a casa do enfermo. A xente ao oíla
saía tamen a calle e acompañaban ó sacerdote. Mentres que el estaba co enfermo,
a xente da vila esperaba na porta da casa chorando en sinal de dor polo enfermo
e de pésame para a familia.
A campaniña non só soaba os días de extrama
unción sinón que tamén era sinal de morto. O sacristán era o encargado de ir
facendo soar a campaniña por todos os rincón do pobo para que toda a vila
estivese enterada. O máis interesante para neste tema do morto é que as
familias do defunto saían a venta a chorar pola súa perdida e para que a xente
se enterase de que familia era o morto. Se non sentían pena pola pérdida,
pagában a mulleres para que choraran por eles. Sempre gritaban a mesma frase: “
Adeus para sempre e dalle recodos a...”
O CURA DE MIÑONES
Na época da miña bisavóa no pobo había un
cura ó que apodaban “O cura de miñones”. Este sacerdote non caía nada bem no
pobo xa que tiñase que facer o que el quixera e desde sempre, eso en Fisterra
nunca gustou. Toda o pobo estaba cansado dos seus mandatos e de que intentase
cambiar as nosas tradición así que unha noite, algún homes e mulleres
leváronlle un ataúde a porta da casa do cura cunha coroa de flores e cun papel
que poñía: “ Descansa en paz, cura de miñones” en sinal de que non o quería
máis na vila.
SANTO CRISTO
Esta historia ten moitos anos pero forma
parte da historia da vila. Fai moito tempo unha peste chegou a Fisterra.
Morrera moitísima xente e a pocuca que vivía non tiña como sobrevivir. A única
solución que encontraron para evitr máis mortes foi a de sacar o noso Santo
Cristo en procesión por todo o pobo para que frenase as mortes. Esta foi a
única vez que o Santo saíu da Igrexa en procesión.
FRANCO EN FISTERRA
O irmán da miña avóa apenas tería cincoa nos.
Un día na escola a mestra chegou con bandeiras españolas de Franco e
comentoulles aos rapaces que ía vir a Fisterra. Todos os nenos de todas as
escolas tiveron que ir ao seu recivimendo. Cando porfín chegou o único que
puideron ver todo o pobo era a sua man saudando pero cando o coche pasou por
onde estaba neu tio avó, el empezou a gritar e
coche parou, baixou a ventaniña e acariciou o meu tío. El non chegou a
crelo.
Agora vou dar paso a miña familia materna. Desta non sen
moitas historias xa que era mio pequena cando morreron meus avós e ademáis non
lle gustaba moito falar da súa vida.
JOSEFA OLVEIRA SANTOS
Ela xa nacíu orfa xa que súa nai morreu no parto e naquela época os
pais non se ocupaban dos fillos. Ela e a súa irmán maior tiveron que
trasladarse a casa dos seus avós xa que non tiñan máis familia. Miña avóa
pertencia a unha familia pobre e tuvo que traballar desde nena para poder ter
algo que levar a boca. Nunca tivo unha vida moi fácil ata que casou com meu
avó. El era mariñeiro e grazas a Deus tiñan algo que comer. Convertiuse moi
novo en patrón e puido manter os seus seis fillos e a súa muller.
BARCO
SANTO CRISTO
Meu avó foi patrón de moistos barcos e en concreto
do máis grabde da súa época: O Santo Cristo. Este barco era o mellor que tive
pero tamén o que máis problemas lle causou. Todos os días que había temporal,
os mariñeiros baixaban ó porto para ver que pasaba cos seus barcos. En
moitísimas ocasión chamaban a porta da casa dos meus avós coa mítica frase:
“Manuel, O Santo Cristo!” Sempre que escoitaban esta frase baixaba toda a casa
ó porto xa que o barco escapara do morto e ía mar abaixo. O máis incríble e que
sempre que marchaba acababa atrapado nas mismas pedras e necesitábanse case
todos os barcos da vila para poder sacalo.
MANUEL PEQUEÑO OLVEIRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario