Tradición, costume, hábitos e modo de pensar son só
algunhas das palabras que marcarán o sentido do traballo a realizar, cuxo obxectivo
é mostrar as grandes diferenzas no día a
día das persoas que viviron a súa infancia en épocas anteriores. Con esta idea
tomaremos como principal referencia ás vivencias de Josefa López, de sesenta e
nove anos e cunha vida chea de detalles
interesantes marcados por épocas de guerra, fame e difíciles decisións.
Cando os nosos avós eran pequenos non tiñan as mesmas
facilidades que os nenos de hoxe en día, as novas tecnoloxías e avances
marcaron grandes diferenzas en todos os ámbitos da vida. Un claro exemplo é o
sistema educativo, o feito de que o
acceso á escola non era estritamente obrigatorio e os diferentes tipos de
goberno que houbo en épocas anteriores favoreceu a que foran moitos os que
chegaron a adultos sento analfabetos. A sociedade de antes estaba moi marcada
pola discriminación entre homes e mulleres, se ben os nenos comezaban a
traballar a unha temérana idade, tamén
eran estes os que podían acceder á estudos
superiores, mentres que as rapazas comezaban a realizar as tarefas da
casa e a traballar cós seus pais sendo aínda unhas nenas. Estas non ían a dar
paseos coas amigas senón que se pasaban o días traballando e coidando dos seus
irmáns e demais familia mentres os pais ían en busca do sustento familiar. Por
este motivo as familias eran maiores e vivían todos xuntos. Os fillos eran
necesarios para realizar todas esas
tarefas que agora non imaxinamos que se puidesen facer sen determinada máquina.
Josefa vivía na casa dos seus país, eran seis irmáns,
e todos nacidos na súa casa, xa que antes, o hospital máis próximo estaba
situado na cidade da Coruña a máis de dúas horas de camiño polo que no lles
daba tempo de chegar en ningún medio de transporte sen o risco de que o neno
nacese no camiño. Ademais, na casa só había un baño, situado enriba da corte e
o cal era un privilexio que se podían permitir xa que o seu avó carpinteiro,
fabricara un váter e madeira moi ben feito. Isto é un bo exemplo de que os métodos
de aseo eran escasos, aínda non había auga corrente, bañábanse utilizando unha
ferrada e tacos de xabón e, por suposto, non existía o xampú, o que si existía
era a lixivia.
Nas cortes, (das que tamén conseguían abono para as
hortas) criaban galiñas e porcos (ambos alimentados a base millo, de peles de
patacas e demais hortalizas que se poñían nun basiote de pedra ou de madeira).
No verán, a nai de Josefa, mandábaa levar aos porcos a bañarse á praia da Ribeira,
cousa que facía moita xente, xa que non había o mesmo turismo que agora e os veciños
do pobo non ían tanto a praia pola gran cantidade de cunchas que había e que
facían dano a quen camiñaba sobre elas. Josefa colleulle un especial cariño a un
porco, xa que este sempre lle facía caso á primeira e nunca se lle escapaba,
excepto un día, que comezou a nadar mar adentro e tivo que ir o seu pai a
rescatalo. Chegado o día no que tiñan que matar a ese porco, ela escapou ata a
outra punta do pobo para non escoitar os berridos que botaría ao morrer porque
lle daba moita pena. Solían matar dous ou tres porcos ao ano, normalmente no
outono (nos días da festa de San Martiño), na Pascua, e na festa de setembro. Sen
embargo, para o seu propio consumo ficaban con menos da metade do porco dado que
a nai de Josefa era moi xenerosa e acostumaba a facer o “presente” que era un prato
con un pedaciño de cada parte do porco que repartía a practicamente todo o
pobo.
Na súa casa tiñan o tamén o privilexio de ter un pozo,
pero non de auga, senón que servía para salar o peixe e gardalo, para cando
houbera mal tempo e non se puidese ir ao mar, poder comer pescado. Tamén servía
para secar o peixe, colgándoo dunha vara. Isto era un bo método, xa que antes,
non existían os frigoríficos, nin os conxeladores para poder conservar ben a
comida.
No tema da educación, a miña avoa foi pouco tempo a
escola, pero si o suficiente para aprender a ler, escribir, sumar e restar,
aínda que agora, co paso do tempo, non se acorde moi ben das dúas últimas. Sempre
que podía, escapábase a escola, porque lle encantaba ir, pero éralle praticamente
imposible porque tiña que coidar dos seus irmás pequenos, por iso, co que máis aprendeu
foi lendo tebeos e cómics, pois lle encantaban.
Cando tiña oito anos, comezou a ir a lavar a roupa aos
lavadoiros e ríos (Cabanas, Río do Monte, o Galeón, o Xuriano…). Neles as
mulleres lavaban unhas enriba de outras, xa que a auga baixaba por rexos, e
aveces tiñan que poñer ben as pedras porque estaban mal postas (ou polo
movemento da auga, ou porque a alguén se lle ocorría darlle máis traballo a
xente que ía lavar a roupa). Lavaban todo o tempo de rodillas, e logo poñían a
roupa a clareo no sol, mentres lle tiraban auga para que quedara ben limpa e
clareada. Logo, mentres seguían lavando, a roupa lavada a tendían nos toxos ou
silvas, preto dos lavadoiros, e ao ir para a casa, a tendían nos tendedeiras ou
nos balcóns, xa que antes non existían as lavadoras e as secadoras de agora,
que estas chegaron cando se impuxo a auga corrente nas casas (ademais de
comezar a construír baños grazas a este gran avance)
A miña avoa, sempre facía as típicas tarefas da casa,
xa era a filla maior, e seu pai ía ao mar, e a súa nai a vender o peixe polas
aldeas (Lires, Tedín, Canosa, Padris…), sempre camiñando, ida e volta, e co que
levaban para vender, sempre na cabeza. As veces utilizaban o método chamado
truco (o troco), no cal, a nai da miña avoa leváballe peixe a xente, e esta,
dáballe millo, patacas, ovos… ademais de tamén, vender e recibir cartos.
Tamén acostumaba ir coller auga para facer a comida,
fregar ( limpaba a casa cun bruzo, de rodillas, e tiña que ir seguido a coller
auga para limpar, xa que a auga ensuciábase) Tamén lle axudaba moito a súa nai.
Ten ido xa camiñando ata Vimianzo (ida e volta), para comprar colas de cabalo,
para pescar. Despois xa se inventou o Nilo, que a partir de aí xa non fixo
tanta falta as colas dos cabalos.
Cando o seu pai encascaba as pesas para a sardiña,
facíao na súa casa, o cal implicaba gastar moita leña e auga, facendo como un tinto,
o cal despois era secado fora, ben tendido e protexido, xa que estas pesas eran
moi difíciles de facer e caras. Ela acórdase de que seu pai lle mandaba levar
as pesas no cesto para o lugar no que a ía poñer a secar, e cansábase moito, xa
que lle pesaba, e cando a tiña que aguantar por un lado, ben estirada mentres
seu pai a colgaba, dixo que sempre despois lle doia moito o pescozo e case non
se podía mover.
Moita xente encascaba as pesas en San Roque, preto de
onde está agora o Tira do Cordel, e alí, solíanse tender, e como dixen antes,
as coidaban moito e as protexían. Estas pesas servían para pescar sardiña.
Cando había moita pesca de sardiña, as veces a xente íanlle
a petar a porta da casa de noite, para que lle axudara a levar e vender a
sardiña, entón Josefa e máis a súa nai levantábanse para axudar.
Ademais da sardiña, tamén vendían xardas, que eran
grandes, e non pequenas como as de agora. Tamén, ía moitas veces coa súa nai a
Ría de Lires, a buscar bois, os cales eran pescados con espilleiras (feitas de
polbo), nas cales aparecían os bois pegados. Logo os gardaban nun caixón feito para eles, e os levaban
vivos para Fisterra, cos cales pescaba polbo o seu pai.
Josefa, acostumaba tamén ir ao monte a coller leña
para facer a comida (trespies) e tamén mesmo,
para secar a roupa cando facía mal tempo ou chovía.
A leña conseguíana, cun varal, ao cal lle poñían unha
fouciña ao seu redor, levantábano ao aire e enganchábano nunha galla da árbore,
tiraban e a rompían de tal maneira que caía a rama. Unha vez conseguida a leña,
facían os feixes, para traelos para casa.
Tamén ía ao monte para coller o valume, para a corte,
e así que os animais estivesen limpos, e que non cheirara tanto. O valume
recollíaos en cestos, que logo os levaba para a casa cargados na cabeza. Cando
ía ela sola a coller o valume, para conseguir cárgalo na súa cabeza, tiña que
escoller un bo sitio, no que houbese unha pedra, ou algo que lle fixera xeito
para así, agacharse, poñer a cabeza no chan e conseguir poñer o cesto na
cabeza, xa que solía pesar bastante e non podía levantalo doutra maneira.
Antes, non había supermercados, senón que había dúas
ou tres casas particulares que vendían comida e cousas de aseo.
No pouco tempo libre que tiña Josefa, non se poñía a
ver a televisión ou co móbil como facemos nós agora, xa que a televisión non
chegou a Fisterra a partir do ano sesenta ou sesenta e dous, e o móbil aínda
nin existía, senón que ía xogar coas amigas á Roda, ao Salvo ( pilla pilla) ou
a Tornilla. As súas amigas tamén xogaban moito ao Espeto, pero a ela non lle
gustaba ese xogo e nunca xogou, porque tiña medo de darlle a alguén cun cravo.
Tamén cosía, pero pouco, xa que a iso dedicábanse máis
as súas irmás pequenas.
Falando de costumes, os seus veciños, solían ir sempre
pola noite a súa casa para falar e pasar o tempo. O tema de conversación máis
habitual eran os defuntos, e contaban moitas lendas, e a Josefa sempre tiña
moito medo, xa que ela o cría todo.
No día de reis, normalmente regalábase roupa nova,
roupa interior e calcetíns. Unha vez regaláronlle unha boneca moi grande, e a
ela encantáballe. O mesmo día que os reis lle regalaron a boneca, saíu con ela
a calle, e como chovía, a boneca desfíxoselle, xa que era de cartón.
A roupa que lle regalaba os reis, só as estreaba nas
grandes festas, e nunca un día normal como se fai agora. E a súas mellores
prendas sempre as poñían os domingos e sempre tiñan que ser moi ben coidadas,
xa que de antes non se podía nin se tiña tanta roupa como se ten agora.
Antes, non se solía viaxar tanto, xa que non se tiñan
tantos coches particulares como agora, e os billetes de avión ou de outros
transportes eran caros. De feito, a primeira vez que a miña avoa foi a A
Coruña, foi para facer o pasaporte para ir traballar a Suíza. Tamén cando había
feira en Cee, os buses ían cheos, e se ían en un coche particular, se chovía,
mollábanse todas, porque non tiñan teito. Acórdase de ver a moita xente
chorando porque familiares deles marchaban para a Arxentina, en camións. Era
duro pero era o que tocaba.
Neste traballo non solo contén coa axuda de Josefa,
senón que tamén de Esperanza Castrege, a cal con 45 anos tivo xa unha infancia bastante
diferente á de Josefa.
Ela, cando era pequena xa tipo outro tipo de
educación. Foi máis tempo a escola, e traballaban menos. Xa existían novos
métodos de aseo, e xa se estaba comezando a implantar cociñas máis grandes e
económicas, utilizando o butano. Ademais de ter na súa casa tamén teléfono
fixo, lavadora…
Xa existían neste pobo, supermercados (Froiz foi o
primeiro, cando se construíu o Colexio
Nosa Señora do Carme de arriba), tamén había un cine, tendas de roupa e
zapaterías.
No seu tempo libre, facía manualidades, e ía xogar
coas súas amigas, á comba, ao monopoli, a cantar, a bailar e a outros moitos
xogos que no día de hoxe séguese a xogar.
No día de reis, xa tiñan máis cousas, e non só de
roupa, senón que tamén bonecas e xoguetes (Nancis, cociñas de xoguete,
Barriguitas…). Despois, sempre ían todas as rapazas a misa cos seus xoguetes
novos. No tema da roupa, sempre se solía estrear os domigos e os días das
festas.
Para transportarse, utilizaban o coche de liña ou o
taxi.
No caso de Esperanza, aos seus 18 anos emigrou para Suíza
a traballar. Non existían os teléfonos móbiles como os que temos agora, así que
non podía chamar a súa nai
Como podemos observar, a vida de Esperanza non era tan
diferente a nosa, tan solo non tiña a mesma tecnoloxía que nós. Pero da
Infancia de Josefa á de Esperanza, nótase un gran cambio, da forma de vida e de
costumes.
Mara Montinho Castrege, 4ºESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario